Este proxecto nace, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDL), para concienciar o noso alumnado do significado dos incendios forestais. No Barbanza, todos os anos son miles de hectáreas as que queiman, poñendo en perigo a vida das persoas e os seus enseres. Pensamos que detrás destes voraces lumes agóchanse outros problemas que teñen que ver co cambio climático, co monocultivo de eucalipto (desertos verdes), con intereses económicos e políticos, abandono do rural, etc.
Abordamos dende diferentes ámbitos o problema dos incendios forestais e cada departemento didáctico que participou neste PROXECTO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA realizou co seu alumnado actividades de carácter transversal que lles fixeron reflexionar sobre esta problemática e concienciarse sobre a importancia que teñen os bosques para o planeta en xeral e para a nosa terra en particular. A prevención é o eixo máis importante para acabar con esta lacra, por iso a nosa liña de traballo vai por estes derroteiros.
“Non só é lume” é un proxecto de carácter anual e que pretende ter continuidade ao longos dos próximos cursos académicos.