PORTUGUÉS

 Profesor: Denis Vicente Rodríguez

Actividade 1:

No marco do intercambio co alumnado do IES Frei Bartolomeu dos Mártires, Viana do Castelo (Portugal), fíxose unha subida ao monte de santa Luzia.  Tivo como finalidade compartir valores ecolóxicos (Portugal é un país que todos os anos sofre a lacra dos incendios forestais), e intercambiar inquedanzas sobre este tema en lingua portuguesa.







Actividade 2

 Ruta de 10Km dende Cabo de Cruz ata o pazo de Goiáns, Boiro. Finalidade coñecer o medio e concienciar sobre a súa conservación. No Barbanza todos os anos queiman un elevado número de hectáreas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este proxecto nace, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDL), para concienciar o noso alumnado do significado dos incendios fo...