CURTAMETRAXE

    Profesoras: Carme Robledo Muíña, Carme Rodríguez Varela, Sonia Sueiro e Mariano Muñiz xunto co alumnado do Club do Antifás (de 4º ESO) e alumnado de 2º da ESO visionamos a película “O que arde” do director Oliver Laxe, gañadora de importantes premios, entre eles o do público no festival de Cannes. Contactamos co protagonista, Amador Arias, que nos concedeu unha entrevista, contándonos anédoctas da filmación e cuestións técnicas da mesma.

    A finalidade era elaborar unha precuela que explicase o porqué do modus operandi do protagonista, como puido chegar a queimar o bosque no que decorría a súa vida. O noso alumnado, en certa medida, buscaba unha xustificación a ese feito delitivo por que Amador Coro, o protagonista, semellaba máis un bohemio que un pirómano.

Para realizar o guión da curtametraxe tiveron previas  charlas e reunións por parte de profesorado e alumnado que tiña experiencia neste tema.

    O noso alumnado tamén se encargou da produción da curta, buscando lugares de gravación e tirando de casas e locais (bar) das súas familias. O feito de involucrar ás mesmas nas actividades extraescolares é un dos obxectivos que prioriza o noso centro e supón unha grata satisfacción para a totalidade dos participantes.

    Foi un traballo intenso que se levou a cabo os martes ao mediodía, durante todo o curso escolar,  e que supuxo un importante reto. Houbo que modificar guión por falta de coherencia argumentativa coa imaxe e outras moitas cuestións que lles serviu para aprender e ver as dificultades dun proxecto que a priori ata parecía fácil.

    Así mesmo, Amador Arias ofreceuse a facer un papel protagonista e volveu a acudir ao noso centro para a gravación.

Mariano Muñiz, o profesor de inglés e coodinador do EDL, encargouse de traducir o texto ao inglés e Sonia Sueiro encargouse da montaxe dos subtítulos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este proxecto nace, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDL), para concienciar o noso alumnado do significado dos incendios fo...