ED. PLÁSTICA E AUDIOVISUAL

 Profesora: Sonia Sueiro



Profesor: Manuel Garrido Pérez

Actividade 1:

Consecuencias para a fauna nos incendios forestais

Proxecto "Non só é lume"

A ONG Franz Weber Foundation calcula que morreron 250.000 animais nas máis de 20.000 hectáreas
arrasadas polos incendios en Galicia, a partir de modelos preditivos da Universidade de Sidney
(Australia) que estiman que por cada hectárea conviven entre dez e quince individuos especies de
mamíferos, invertebrados, aves e outros pequenos seres vivos.
"A isto habería que engadir os que non puideron ser liberados das explotacións gandeiras e animais
familiares, como cans, gatos ou pequenos roedores", indica nun comunicado.
Por iso, advirte de que, "se non afrontamos a crise climática coa gravidade que se supón, a humanidade
vai directamente ao desastre, como nos están a lembrar os termómetros e incendios récord destas
semanas en Galicia". Así mesmo, a ONG defende a fin da caza nas zonas queimadas e a intervención
con accións de renaturalización.

       

ACTIVIDADE 2: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este proxecto nace, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDL), para concienciar o noso alumnado do significado dos incendios fo...